Buscar neste blog

A nosa historia

Esta páxina está pensada coa finalidade de dar cabida aquí a todos aqueles documentais, recursos, información... multimedia que falen sobre a historia de Ponte Sampaio e da súa xente.  Así que todas as achegas que nos poidades facer chegar van ser benvidas (facede uso do noso enderezo electrónico edlgpontesampaio@gmail.com)
E xa que non hai nada mellor que saber de onde vimos para saber ata onde podemos chegar; empezamos coa historia dunha gran muller desta nosa vila que por desgraza xa faleceu, pero grazas á cal moitos de nós estamos hoxe aquí.
Escoitádea con atención e facédella chegar aos maiores da familia que seguro poden completar aínda máis a historia desta gran muller, nai, avoa, tía, cuñada...

Moitas das nosas nais, avoas, bisavoas... pais, avós, bisavós... viven e viviron sempre do mar. Como todos ben sabedes a nosa vila é mariñeira, así que agora ímosvos amosar uns documentais sobre a vida no mar e do mar, sobre mariscadoras, pescadores, redeiras... Seguro que nisto teñen moito máis que dicir os veciños do lugar.



Un documental impresionante e imprescindible para poder entender a historia de Ponte Sampaio e a importancia das "nosas mulleres": nais, avoas, bisavoas... grazas por serdes como sodes.
O día 9 de de outubro de 1966.


E como non podía faltar nunha páxina dedicada á historia de Ponte Sampaio,aquí compartimos unha curtametraxe de ficción que narra a través das lembranzas dun labrego voluntario a decisiva batalla de Ponte Sampaio acontecida os días 7 e 8 de xuño de 1809.


Compartimos nesta páxina tamén non só historia contada, senón tamén composicións musicais, e empezamos como non podía ser doutro xeito coa muiñeira de Ponte Sampaio.

Seguiremos completando a páxina coas voas achegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario