Buscar neste blog

mércores, 21 de febreiro de 2018

Día Internacional da Lingua Materna

O noso  alumnado  celebrou hoxe o Día Internacional da Lingua Materna coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra e coa participación do colectivo de Polo Correo do Vento.
 Hoxe pola mañá o CEIP de Ponte Sampaio festexou o Día Internacional da Lingua Materna; para tal fin estivemos falando no centro educativo de en que consiste e cal é a causa de conmemorar esta data con todo o alumnado, tamén oímos cancións que versan sobre a importancia do uso e mantemento da lingua materna de cada quen, no noso caso do galego como lingua propia e fixémoslle un oco nos nosos blogs do colexio.
Ademais disto o alumnado dos cursos inferiores gozou coa visita de Polo Correo do Vento, sufragada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, que nos realizou un obradoiro titulado "Mario pensaba que o galego non servía para nada", no que os rapaces e rapazas escoitaron a historia de Mario contada por un dos autores, mentres o ilustrador realiza un mural vinculado ao conto. Despois comezou una rolda de prensa guiada polos autores, na que os rapaces e ra pazas interaccionaron co conto e co debuxo de xeito que se traballou a comprensión e expresión oral das nenas e dos nenos. Para rematar, nun obradoiro de ilustración, todos xuntos, onde debuxaron cadanseu retrato de Mario, o protagonista do conto.
 O Día Internacional da Lingua Materna conmemorase cada ano o 21 de febrero dende que foi proclamado como tal pola UNESCO noo 1999 co obxectivo de impulsar o coñecemento e a práctica das linguas maternas en todo o mundo e, en especial, as das minoritarias. Así pois conmemoramos neste día a riqueza que supón a diversidade lingüística do planeta con programas e actividades destinadas a preservar esta diversidade e promover o plurilingüismo e no noso caso particular incentivar tamén o uso da lingua galega e promovendo a transmisión familiar da nosa lingua.







Ningún comentario:

Publicar un comentario