Buscar neste blog

xoves, 26 de outubro de 2017

martes, 17 de outubro de 2017

Chegou o Samaín

Pouco a pouco ímonos preparando no colexio para festexar o Samaín e aprender moito sobre esta data tan significativa da tradición cultural galega.
 Empezamos...
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. A festa do Samaín (Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno) era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e achegando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc. O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas. E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

xoves, 12 de outubro de 2017

Memoria da muller de Ponte Sampaio

E seguimos compartindo con vós a cuarta parte do vídeo "Memoria de Muller de Ponte Sampaio". Memoria de Muller é unha iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información que pretende recuperar as vivencias e recordos das mulleres galegas, á vez que as achega ás novas tecnoloxías. As participantes, todas maiores de 50 anos, elaboran vídeos con fotografías propias ás que engadiron a súa propia narración e a música que creron axeitada. Neste caso preséntanos a Peneda, unma muller nacida no 1901 que nos conta as duras condicións de vida daquela época, os seus traballos (peixeira, mariscadora...), o seu achegamento á escola...

xoves, 5 de outubro de 2017

As orixes do Camiño de Santiago

Facémonos eco aquí dunha montaxe que realizamos no colexio sobre o Camiño de Santiago o curso 2009-2010. Agardamos que vos guste xa que foi realizada con moito esforzo polo noso alumnado e profesorado.