Buscar neste blog

sábado, 17 de xuño de 2017

Letras Galegas 2017

E unha vez rematada a conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 facémonos eco aquí de algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas, no colexio e no noso contorno co fin de dar a coñecer a figura de Carlos Casares.
O primeiro que fixemos foi poñer á disposición do noso alumnado e das súas familias toda a bibliografía da que dispoñíamos de Carlos Casares e proceder á súa lectura nas aulas.
Fixemos diversas actividades na aula sobre a súa vida e obras.
Decoramos as portas do colexio para a ocasión.
Fixemos marcapáxinas para o alumnado, familias e contorno que recollía información sobre a súa biografía e diversos debuxos feitos polo alumnado para a ocasión (non dabamos escollido, así que fixemos distintas opcións).
Fixemos unha pequena escolma biográfica para todas as idades que deixamos recollida na Voz do Verdugo número 6.
Fixemos unha adaptación de Lolo anda en bicicleta grazas ao alumnado da biblioteca, que logo levamos á escena no noso centro e na escola infantil A galiña azul e o centro de día Boas apertas.
Levamos tres obradoiros subvencinados polo Concello de Pontevedra para dar a coñecer ao noso alumnado a figura de Carlos Casares e outros aspectos da nosa cultura.
No Bibliopatio tamén xogamos, lemos e compartimos sobre Carlos Casares.
E lomos contos, moitos moitos contos...
E falamos moito, pero moito sobre a súa vida e obra de escritor, xornalistas...

Ningún comentario:

Publicar un comentario