Buscar neste blog

sábado, 13 de maio de 2017

Obradoiro Lingua Forza 3


Onte o alumnado de primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Lingua Forza 3proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra.
Lingua Forza 3 é unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os monitores foron enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas.
• Obxectivos:
 - Dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en galego: xogos tradicionais e xogos novos.
• Contidos xerais (adaptados a cada ciclo):
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física. Distribución do grupo en tres subgrupos.
2. Feirón con tres probas rotatorias: Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral; proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física, e proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
 3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas; traballará habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.
Neste obradoiro participaron os tres ciclos de primaria e a duración foi de 90 minutos.
Realizouse ximnasio  e foi impartido por Xandobela.




Ningún comentario:

Publicar un comentario