Buscar neste blog

martes, 23 de maio de 2017

Obradoiro Díxome, Díxome

O pasado venres día 18 de maio tivemos no colexio o obradoiro Díxome, Díxome subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
É unha xincana literaria de tradición oral para os nenos/as de 1º e 2º ciclo de educación primaria.
 As probas desta xincana axudaron a descubrir o noso patrimonio e tradición oral: refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos lingüísticos..... Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que superar distintas probas de maneira cooperativa e rotatoria da man da “Brigada do Saber Perdido”. O formato e a presentación da actividade foi común aos dous ciclos de primaria, aínda que variaronn as probas, a dificultade e os contidos lingüísticos.
Os obxectivos eran:
- Dinamizar o uso do galego na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en lingua galega: xogos tradicionais e xogos novos.
E os cntidos xerais:
1. Recibimento. Explicación en círculo da sesión. Distribución do gran grupo en tres subgrupos e presentación dramatizada para contextualizar a presenza e motivar a participación.
2. Feirón con probas rotatorias que axudan a descubrir o noso patrimonio tradicional oral: refráns, trabalinguas, romances, cantares de cego...
3. Proba definitiva entre os tres grupos e resolución da xincana.

 A duración foi de 90 minutos e foi impartido por Xandobela




Ningún comentario:

Publicar un comentario