Buscar neste blog

venres, 24 de febreiro de 2017

Día de Rosalía

Dende o EDLG do CEIP de Ponte Sampaio querémonos facer eco da celebración do Día de Rosalía hoxe 24 de Febreiro e unirnos á solicitude da Asociación de Escritores en Lingua Galega de agasallarmos hoxe un libro en galego e unha flor.

Preme na imaxe para máis información

luns, 20 de febreiro de 2017

Día Internacional da Lingua Materna

No 1999 a UNESCO proclamou o Día Internacional da lingua materna, dende entón cada ano o 21 de febreiro diversas actividades tentan promover o multilingüismo e a diversidade cultural. As linguas axudan a transmitir tradicións, cultura, recordos, xeitos de pensar e de expresarse. Toda unha riqueza para o desenvolvemento das sociedades. Así o entendeu a UNESCO hai xa dezaoito anos, e dende entón actividades coma esta acción do disco "A nena e o grilo" axudan a fomentar a diversidade lingüística e cultural en todo o planeta..

luns, 13 de febreiro de 2017

Preparándonos para o Día de Rosalía

Esta semana e a vindeira imos festexar no colexio o Día de Rosalía e para tal fin estamos realizando algunhas actividades no colexio e traballando a figura de Rosalía de Castro.
 Algunhas das cousiñas que imos ver ou xogar con elas son:
 - Unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos no 2013. Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.
 

 - Algúns dos seus poemas musicados:

 - Un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.