Buscar neste blog

mércores, 22 de novembro de 2017

A voz do Verdugo

Compartimos con todos vós o número 7 do noso boletín escolar que rinde unha homenaxe aos 35 anos do colexio que se conmemoran neste mes de novembro.



xoves, 16 de novembro de 2017

Obradoiro de Micoloxía



Hoxe o alumnado de 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 5º e 6º do CEIP de Ponte Sampaio participaron nun obradoiro de Micoloxía
Esta xornada buscaba promover o uso da lingua galega entre os escolares con actividades de micoloxías; iniciando ao alumnado no coñecementos dos cogomelos habituais na súa contorna e dinamizando o uso da lingua tanto na oralidade como na escrita, asociándoa a actividades lúdicas e formativas, de interese para a infancia.
A xornada incluíu unha charla de introdución á micoloxía, unha saída ao campo guiada para recoller cogomelos, unha sesión para identificar os cogomelos recollidos e a montaxe dunha mini exposición no colexio, xa que nesta ocasión só atopamos 4 variedades de cogomelos.
Segundo os responsables de Brincabois a ausencia de cogomelos no contorno do noso colexio débese este ano á ausencia de auga derivada do escaso número de precipitacións acontencidas nos últimos tempos.
O obradoiro foi impartido pola Asociación Micolóxica Brincabois coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.

xoves, 26 de outubro de 2017

martes, 17 de outubro de 2017

Chegou o Samaín

Pouco a pouco ímonos preparando no colexio para festexar o Samaín e aprender moito sobre esta data tan significativa da tradición cultural galega.
 Empezamos...
Hai aproximadamente 2.600 anos chegaron a Galicia os pobos Celtas. Ademais dos seus adiantos científicos e técnicos, como foi a metalurxia do ferro, tamén trouxeron a súa cultura e as súas crenzas. A festa do Samaín (Samaín é unha palabra gaélica que significa fin do verán, principio do inverno) era a data máis perigosa do seu calendario posto que o mundo dos mortos, o Outromundo, facíase accesible para os mortais, podendo pasar a formar parte del por culpa dun feitizo ou meigallo. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e achegando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc. O Samaín é o antecedente europeo do Halloween americano. Tradición de orixe europeo foi levada polos emigrantes a terras americanas. E curiosos que moitos anos despois o cristianismo escolleu estas datas para celebraren o día de defuntos e tódolos santos.

xoves, 12 de outubro de 2017

Memoria da muller de Ponte Sampaio

E seguimos compartindo con vós a cuarta parte do vídeo "Memoria de Muller de Ponte Sampaio". Memoria de Muller é unha iniciativa da Rede de Dinamización da Sociedade da Información que pretende recuperar as vivencias e recordos das mulleres galegas, á vez que as achega ás novas tecnoloxías. As participantes, todas maiores de 50 anos, elaboran vídeos con fotografías propias ás que engadiron a súa propia narración e a música que creron axeitada. Neste caso preséntanos a Peneda, unma muller nacida no 1901 que nos conta as duras condicións de vida daquela época, os seus traballos (peixeira, mariscadora...), o seu achegamento á escola...

xoves, 5 de outubro de 2017

As orixes do Camiño de Santiago

Facémonos eco aquí dunha montaxe que realizamos no colexio sobre o Camiño de Santiago o curso 2009-2010. Agardamos que vos guste xa que foi realizada con moito esforzo polo noso alumnado e profesorado.

luns, 3 de xullo de 2017

Aloumiños 2017

E por fin chegou o noso Aloumiños 2017, agardamos que sexa do voso interese e gozade da lectura.

sábado, 17 de xuño de 2017

Letras Galegas 2018

O día das Letras Galegas de 2018 estará dedicado á escritora e profesora María Victoria Moreno Márquez. A decisión adoptuse no pleno ordinario da Real Academia Galega celebrado esta mañá na Coruña.
Preme na imaxe para acceder a máis información 
E con esta frase emblemática do seu libro anagnórise empezamos a facernos eco da súa traxectoria:
"As persoas estamos feitas para levar adiante os proxectos máis fermosos"


Emisións de Onda Cero

O venres 19 de maio a radio Onda cero veu gravar o traballo que fixeron os alumnos e alumnas de 3º e 4º de primaria logo da visita á lonxa de Arcade. En pequenos grupos foron lendo anacos dos textos que elaboraron na aula e fixeron unha gravación moi profesional.
A emisión das gravacions que se realizaron comezarán o luns 19 de xuño de ata o venres 23 a partir das 11:50 da mañá, aproximadamente.

Preme na imaxe para acceder ao audio do programa

Letras Galegas 2017

E unha vez rematada a conmemoración do Día das Letras Galegas 2017 facémonos eco aquí de algunhas das actividades que levamos a cabo nas aulas, no colexio e no noso contorno co fin de dar a coñecer a figura de Carlos Casares.
O primeiro que fixemos foi poñer á disposición do noso alumnado e das súas familias toda a bibliografía da que dispoñíamos de Carlos Casares e proceder á súa lectura nas aulas.
Fixemos diversas actividades na aula sobre a súa vida e obras.
Decoramos as portas do colexio para a ocasión.
Fixemos marcapáxinas para o alumnado, familias e contorno que recollía información sobre a súa biografía e diversos debuxos feitos polo alumnado para a ocasión (non dabamos escollido, así que fixemos distintas opcións).
Fixemos unha pequena escolma biográfica para todas as idades que deixamos recollida na Voz do Verdugo número 6.
Fixemos unha adaptación de Lolo anda en bicicleta grazas ao alumnado da biblioteca, que logo levamos á escena no noso centro e na escola infantil A galiña azul e o centro de día Boas apertas.
Levamos tres obradoiros subvencinados polo Concello de Pontevedra para dar a coñecer ao noso alumnado a figura de Carlos Casares e outros aspectos da nosa cultura.
No Bibliopatio tamén xogamos, lemos e compartimos sobre Carlos Casares.
E lomos contos, moitos moitos contos...
E falamos moito, pero moito sobre a súa vida e obra de escritor, xornalistas...

martes, 6 de xuño de 2017

A Voz do Verdugo número 6

Deixámosvos o número 6 da Voz de Verdugo difundido entre o noso alumnado no mes de maio de 2017 co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares.
Gozade da lectura.

martes, 23 de maio de 2017

Obradoiro Díxome, Díxome

O pasado venres día 18 de maio tivemos no colexio o obradoiro Díxome, Díxome subvencionado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
É unha xincana literaria de tradición oral para os nenos/as de 1º e 2º ciclo de educación primaria.
 As probas desta xincana axudaron a descubrir o noso patrimonio e tradición oral: refráns, trabalinguas, romances e cantares de cego, cantigas, xogos lingüísticos..... Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que superar distintas probas de maneira cooperativa e rotatoria da man da “Brigada do Saber Perdido”. O formato e a presentación da actividade foi común aos dous ciclos de primaria, aínda que variaronn as probas, a dificultade e os contidos lingüísticos.
Os obxectivos eran:
- Dinamizar o uso do galego na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en lingua galega: xogos tradicionais e xogos novos.
E os cntidos xerais:
1. Recibimento. Explicación en círculo da sesión. Distribución do gran grupo en tres subgrupos e presentación dramatizada para contextualizar a presenza e motivar a participación.
2. Feirón con probas rotatorias que axudan a descubrir o noso patrimonio tradicional oral: refráns, trabalinguas, romances, cantares de cego...
3. Proba definitiva entre os tres grupos e resolución da xincana.

 A duración foi de 90 minutos e foi impartido por Xandobela




sábado, 13 de maio de 2017

Obradoiro Lingua Forza 3


Onte o alumnado de primaria do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Lingua Forza 3proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra.
Lingua Forza 3 é unha xincana con probas e xogos populares en versión lingüística, deseñados especialmente para esta actividade. Para superar as distintas probas os rapaces e rapazas tiveron que empregar as súas destrezas de traballo en equipo, resistencia, habilidade e velocidade física, lingüística e mental. Os monitores foron enfiando todas as probas coa posta en escena e narración dramatizadas.
• Obxectivos:
 - Dinamizar o uso da lingua galega na infancia a través do xogo e do traballo en equipo.
- Promover o xogo en galego: xogos tradicionais e xogos novos.
• Contidos xerais (adaptados a cada ciclo):
1. Recibimento e quecemento. Contextualización dramatizada da actividade e motivación para fomentar a participación dos nenos e nenas. Explicación en círculo da sesión. Aproximación práctica ao léxico específico relacionado co currículo de educación física. Distribución do grupo en tres subgrupos.
2. Feirón con tres probas rotatorias: Proba de habilidade física, lingüística e mental: xogo e traballo co patrimonio cultural inmaterial do galego oral; proba de resistencia física, lingüística e mental: xogo cooperativo no que se traballa co léxico e vocabulario específico da área de educación física, e proba de velocidade física, lingüística e mental: xogo cooperativo e construción de palabras escritas correctamente en galego.
 3. Proba definitiva. Empregando compoñentes do noso patrimonio oral un xogo reunirá as tres disciplinas; traballará habilidade, velocidade e fortaleza física co uso da lingua como ferramenta fundamental.
Neste obradoiro participaron os tres ciclos de primaria e a duración foi de 90 minutos.
Realizouse ximnasio  e foi impartido por Xandobela.




venres, 5 de maio de 2017

Obradoiro de Xoguetoloxía

Hoxe o alumnado de 6º de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º do CEIP de Ponte Sampaio participou nun obradoiro de Xoguetoloxía proposto polo Gabinete de Normalización Lingüísitica do Concello de Pontevedra. Tratouse dun obradoiro de construción de xogos, xoguetes, enredos e instrumentos sonoros con materiais de refugallo e naturais: birlos, peóns, boliches, papaventos… que tiña os seguintes obxectivos: - Promover o uso da lingua galega asociada ao xogo e á creatividade. - Aprender a construír os seus propios enredos e a xogar sen necesidade de grandes gastos. - Fomentar a creatividade e a autonomía. Deste xeito os nenos/as estiveron traballando o pensamento diverxente e observando como con materiais pobres se podían facer grandes cousas, polo que nun primeiro momento, viron distintos materiais e houbo unha pequena chuvia de ideas sobre que uso alternativo se lles podía dar, e logo cada neno/a construíu o seu enredo para poder levar a casa. Así, o noso alumnado xogou e experimentou coa súa ra corredora e logo fixeron carreiras con elas e agora aseguirán gozando e traballando na casa.
 

mércores, 15 de marzo de 2017

Boletín Escolar

E xa podedes gozar co terceiro número do noso boletín "A voz do Verdugo" froito dunha semana da prensa moi axetreada.



xoves, 9 de marzo de 2017

Carlos Casares

Hoxe 9 de marzo de 2016 hai 15 anos que finou Carlos Casares, escritor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas. E para ir empezando a saber máis cousiñas sobre el compartimos este vídeo sobre a súa vida e obra.

 

venres, 3 de marzo de 2017

Enterro da Sardiña

Hoxe no colexio os nenos e nenas de educación infantil procedemos a realizar o enterro da sardiña, pasámolo xenial.

venres, 24 de febreiro de 2017

Día de Rosalía

Dende o EDLG do CEIP de Ponte Sampaio querémonos facer eco da celebración do Día de Rosalía hoxe 24 de Febreiro e unirnos á solicitude da Asociación de Escritores en Lingua Galega de agasallarmos hoxe un libro en galego e unha flor.

Preme na imaxe para máis información

luns, 20 de febreiro de 2017

Día Internacional da Lingua Materna

No 1999 a UNESCO proclamou o Día Internacional da lingua materna, dende entón cada ano o 21 de febreiro diversas actividades tentan promover o multilingüismo e a diversidade cultural. As linguas axudan a transmitir tradicións, cultura, recordos, xeitos de pensar e de expresarse. Toda unha riqueza para o desenvolvemento das sociedades. Así o entendeu a UNESCO hai xa dezaoito anos, e dende entón actividades coma esta acción do disco "A nena e o grilo" axudan a fomentar a diversidade lingüística e cultural en todo o planeta..

luns, 13 de febreiro de 2017

Preparándonos para o Día de Rosalía

Esta semana e a vindeira imos festexar no colexio o Día de Rosalía e para tal fin estamos realizando algunhas actividades no colexio e traballando a figura de Rosalía de Castro.
 Algunhas das cousiñas que imos ver ou xogar con elas son:
 - Unha grabación audiovisual que fixemos no colexio para conmemorar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos no 2013. Agardamos que vos guste, a nós gustanos moitísimo porque a fixemos no colexio entre todos os profes e nenos e nenas.
 

 - Algúns dos seus poemas musicados:

 - Un pequeno tríptico moi breve sobre unha das escritoras galegas máis universais, ou a máis universal incluso.